OurenseÚltima hora

Axentes de Tráfico da Garda Civil de Ourense deteñen a un menor sobre o que pesaba unha orde de busca e detención

A detención producíase dentro dun dispositivo especial de control de velocidade e detección de alcohol e drogas, establecido na autovía AG-53, no termo municipal de Piñor de Cea
Imaxe de arquivo.

Na tarde do 29 de xaneiro axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense detiñan ao menor M.A.C.P., sobre o que pesaba unha orde de busca e detención, sendo posto á diposición da Fiscalía de Menores de Ourense, tal e como se informa dende a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ourense.

A detención producíase dentro dun dispositivo especial de control de velocidade e detección de alcohol e drogas, establecido na autovía AG-53, no termo municipal de Piñor de Cea. “O menor ía de acompañante nun turismo cuxa condutora tiña unha perda de vixencia do permiso de condución e ademais deu positivo nas probas de detección de substancias estupefacientes á que foi sometida”, tal e como informa a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button