ConcellosÚltima hora

A Garda Civil detén a oito persoas no Barco por tráfico de drogas

Na operación, que continúa aberta, tamén eran detidas outras cinco persoas en Cea e en Ourense

No marco da chamada operación “Enriquillo” contra o tráfico de drogas, realizada nas localidades do Barco, Cea, Ourense e Maside, a Comandancia da Garda Civil de Ourense procedía á detención dun total de trece persoas. A maior parte das detencións tiñan lugar no Barco: un total de oito. As persoas detidas eran de nacionalidade española, dominicana, colombiana e paraguaia, segundo a información feita pública pola Comandancia de Ourense. Tamén resultaban detidas dúas persoas de nacionalidade española na localidade de Cea e dous varóns españois e outro de nacionalidade brasileira en Ourense.

Ademais levábanse a cabo nove entradas e rexistros nas citadas localidades, “procedendo á incautación de 3.000 doses de diversas substancias estupefacientes. A devantida operación está vencellada ao achádego realizado polo Subsector de Tráfico de Ourense” o pasado 7 de decembro, no que se incautaba na autovía A-52 á altura de Allariz “un paquete con 3.000 doses de suposta cocaína que se encontraba tirado na citada vía de comunicación”, segundo se informa dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Esta operación segue aberta á espera de novas detencións.

Artigos relacionados

Back to top button