ConcellosÚltima hora

Garda Civil e Policía Local do Barco manteñen os controis diarios do estado de alarma

 

Malia que o pasado luns 13 de abril regresaban ao traballo moitos operarios (especialmente do sectores da indutria e da construción), a nación enteira segue estando en estado de alarma e o confinamento manterase, de momento, ata o 26 de abril.

Por iso, as forzas e corpos de seguridade continúan velando para que a xente non se salte o confinamento, saíndo de casa unicamente cando sexa estrictamente necesario e con xustificación.

Na mañá deste xoves 16 de abril, a Garda Civil e a Policía Local do Barco mantiñan os controis na vila valdeorresa.

 

Artigos relacionados

Back to top button