En portadaÚltima hora

A Garda Real chega ao Barco

Entre as actividades que desenvolverán na comarca destaca un pasarrúas de movementos floreados o venres día 19 de maio, no que tamén se contará cunha unidade de cabaleiría e cunha sección de motos

 

A sección de motos da Garda Real estará no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre a media ducia de vilas da provincia que visitará a Garda Real no mes de maio está O Barco.A súa chegada á vila valdeorresa tiña lugar na tarde do 17 de maio. Hoxe 18 de maio terá lugar unha recepción oficial no Concello. Durante a súa estadía no Barco teñen proxectado levar a cabo diversas actividades deportivas como é o caso dunha ascensión a Pena Trevinca, o descenso do Sil ou espeleoloxía. Tamén participarán en actos de carácter cultural como unha viaxe ao Santuario das Ermitas (O Bolo) e visitas a centros escolares.

 

No pasarrúas previsto para o 19 de maio participará a sección de motos da Garda Real./ Foto: Carlos G. Hervella.

O acto máis destacado do programa está fixado para o venres 19 de maio ás 18h. no Paseo do Malecón. Nese espazo da vila poderá verse un pasarrúas de movementos floreados (exhibición dos gardas reais coas súas armas e outros elementos) e tamén se contará coa presenza dunha unidade de cabaleiría e unha sección de motos, segundo se adianta dende o Concello do Barco.

Os integrantes desta unidade reuniranse na rúa Pescadores, precedidos de membros da sección de motos e camiñarán en formación polo Malecón ata a rotonda, onde se incorporarán 8 cabalos para acceder á explanada do campo da festa, onde se fará a exhibición. A estadía da Garda Real en Valdeorras finalizará o vindeiro día 20 de maio pola tarde.

 

Máis información e fotos:
https://osil.info/recepcion-da-garda-real-no-concello-barco/
https://osil.info/recolleita-de-palabras-pintura-e-un-festival-das-letras-galegas-en-trives/

Artigos relacionados

Back to top button