CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada Teatro decide suspender a actuación prevista para este sábado en Vigo

O grupo valdeorrés ía representar a obra "Fuga" no Centro Cultural de Valladares

Unha das escenas de “Fuga” de Gargallada Teatro./ Foto: Gargallada Teatro.

 

O grupo valdeorrés Gargallada Teatro tiña programa unha actuación para este sábado 10 de outubro no Centro Cultural de Valladares (Vigo), pero ante as restricións impostas ao concello do Barco no marco desta segunda onda de contaxios de Covid-19, e dada a prohibición de reunirse persoas non conviventes, decidían “suspender a actuación en aras de ser consecuentes e chamar a atención sobre a importancia de cumprir nestes momento coas recomendacións das autoridades sanitarias”.

A actuación estaba enmarcada nos circuítos que organiza a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio económico do AGADIC. A obra que ían poñer en escena é “Fuga” unha comedia de Jordi Galcerán que conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista, que recibe a visita dunha vendedora que lle cambia a vida.

Máis información no seguinte enlace: https://www.osil.info/gargallada-teatro-representara-fuga-no-centro-cultural-de-valladares-vigo/

Artigos relacionados

Back to top button