CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada Teatro representará “Fuga” no Centro Cultural de Valladares (Vigo)

Será o vindeiro 10 de outubro ás 20h. no marco dos circuítos que organiza FEGATEA

Unha das escenas de “Fuga” de Gargallada Teatro./ Foto: Gargallada Teatro.

 

Apenas un mes despois, o grupo valdeorrés Gargallada Teatro volve subirse ao escenario para representar “Fuga”. Será o vindeiro sábado 10 de outubro ás 20h. no auditorio do Centro Cultural de Valladares (Vigo). Esta representación terá lugar no marco dos circuítos que organiza a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) co apoio económico do AGADIC. Así, nese mesmo escenario poderán verse outras catro obras de compañías como Hipócrita Teatro, Tiruleque Teatro, Lohengrín Teatro e Teatro Escoitade.

“Fuga” é unha comedia de Jordi Galcerán que conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista. Entón recibe a visita dunha vendedora que lle cambia a vida. Esta obra, dirixida por Pilar Alonso e M. Caramés, está protagonizada por Lalo Santos, Reyes Lima, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González.

Trátase dunha función cun longo percorrido xa que Gargallada Teatro estreábaa en setembro de 2015. Dende entón ata agora tivo unha moi boa acollida entre os espectadores, ademais de lograr diferentes recoñecementos.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button