ConcellosÚltima hora

Gargallada Teatro volta aos escenarios coa estrea de “Un desastre de función” en Vigo

A actuación está prevista para o 16 de outubro ás 20h. no Auditorio da Asociación Cultural Valladares

O elenco de “Un desastre de función”./ Foto: Gustavo Docampo.

 

A compañía valdeorresa Gargallada Teatro volve aos escenarios e faino cun novo e interesante proxecto: Un desastre de función. A estrea desta obra, dirixida por César Goldi e Manuel Caramés, está prevista para o vindeiro sabado 16 de outubro ás 20h. no Auditorio da Asociación Cultural Valladares de Vigo.

Trátase da súa primeira peza de perfil dramático, cun texto tomado dun clásico da novela negra inglesa, Henry Lewis. En Un desastre de función o inspector Carter debe resolver o misterioso asasinato de Charles Haversham durante a súa festa de compromiso con Florence Colleymoore.

 

Unha das escenas da nova obra de Gargallada Teatro./ Foto: Gustavo Docampo.

 

A función será interpretada por Álvaro Baños, Manuel González, Reyes Limia, Lalo Santos, Carmen Hernández, Aurora Fernández e Manuel Caramés. O deseño da escenografía e a cartelería son obra de Luis Enrique Rodríguez “Coquixo” e a carpintería de Raúl Veleda, mentres que do entramado téxtil ocupouse Conchi “Mayayo” e aos mandos do son e as luces estará Vanessa Yáñez (Ton&Son).

Artigos relacionados

Back to top button