ConcellosÚltima hora

Garlardoados da provincia nas medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia 2020 e nos distintivos de permanencia

 

Neste xoves 8 de abril o Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 29 de marzo de 2021 da Vicpresidencia primeira e Consellería de Presidencia na que figuran os nomes das persoas galardoadas coas medallas ao mérito e cos distintivos de permanencia de Protección Civil de Galicia correspondentes ao ano 2020.

Na categoría de medalla de bronce figuran catro membros do corpo da Garda Civil “aos cales temos que felicitar polo enorme traballo que levan feito nos últimos anos na provincia de Ourense, sobre todo no que se refire ás emerxencias, a súa experiencia e participación con Protección Civil, así como o labor do compañeiro do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Concello da Gudiña”, tal e como destacan dende a Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil de Ourense, que os propuxo para estas distincións.

Medalla de Bronce ao Mérito de Protección Civil de Galicia

Guardia Civil
Ángel Rafael Rodríguez García
Juan Carlos Nogueiras Iglesias
Norberto González Maside
Emilio Martínez Núñez

GES do Concello da Gudiña
Fernando Antonio Do Río Augusto

Ademais, a citada orde tamén publica os nomes dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil que obteñen o distintivo de permanencia pola prestación de servizo cun mínimo de 25 anos.

Así estes distintivos corresponden a:

                  • Proteccion Civil A Rúa
                    David Ricardo M. López Nogueira
                    Manuel Rodríguez Ortega
                    José Bernardo Losada Vázquez
                    Amadeo Dos Santos Ferreira,
                    Mercedes Álvarez Pérez
                  • Protección Civil Pobra De Trives
                    Miguel Garcia Prada
                  • Protección Civil de Manzaneda
                    Juan González Luis
                  • Agrupación de Protección Civil do Carballiño

                Juan Míguez Otero, Adolfo Otero Loureiro
                Juan Enrique Otero Rodríguez
                Ernesto Ledo Álvarez
                Avpc do Concello do Pereiro de Aguiar

            José Antonio Rodríguez Barros
            Mª Pilar Conde Lorenzo

Artigos relacionados

Back to top button