DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gas e monte na IV Concentración Mototurística A Curuxa

Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil serán os escenarios da xuntanza na fin de semana do 25 ao 27 agosto

Coa intención de poñer de manifesto os atractivos da zona do Courel e Ribeira Sacra nacía hai catro anos a concentración mototurísica do colectivo cultural A Curuxa que aglutina moteiros dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Por iso, no cartel desta IV edición que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de agosto, lucen algúns lugares de interese dos concellos coma O Santuario da Ermida, a Ponte de Ferro, o Castelo de Carbedo, o Castelo de Torrenovaes o Piapáxaro ou a Estación de Ferrocarril. Segundo a organización, este ano coma novidade principal a ruta do sábado percorrerá ademais outros concellos da Ribeira Sacra e os inscritos farán parada na Adega Regina Viarum, “un dos referentes turísticos da zona”. Ademais a clásica ruta polo Courel terá lugar na última xornada cun percorrido máis reducido do habitual “para mitigar o cansacio da fin de semana”, aseguran dende A Curuxa.

 

Cartel da IV Concentración Mototurística A Curuxa.

Outra das novidades destea ano é a homenaxe a Víctor Silván, moteiro falecido ao finalizar a anterior edición, que farán o venres despois da ruta nocturna que percorre as inmediacións do Río Sil en San Clodio, e que servirá coma lembranza a todos os falecidos en accidentes de moto.

O sábado pola tarde o ruxir das motos deixarase escoitar polas rúas de Quiroga coa tradicional competición de minimotos para inscritos e coa exhibición Stunt de Edu Rodríguez e Jon Peña. Ademáis o piloto Yael de 6 anos, membro da Escola Lorenzo de Pontevedra que compite no campionato galego, realizará unha exhibición de pilotaxe. “É unha das grandes promesas do motociclismo da comunidade”, aseguran dende a organización.

A concentración complétase con música en directo a cargo do grupo asturiano Buscavidas, Armand DJ e Os do Recanto que porán o toque folk ao evento.

Fotos da anterior edición: A Curuxa.

Artigos relacionados

Back to top button