EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Gastronomía e artesanía no Mercadiño de Nadal na Rúa

Unha vintena de postos están instalados na rúa Doutor Vila en horario de mañá e tarde

Doces de castaña, crepes, pan, artigos feitos en pizarra, xoguetes, bixutería,… E así ata unha vintena de postos de artesanía, gastrononía e comercio participan no Mercadiño de Nadal da Rúa.

Malia o frío da xornada, dende as 11 da mañá e ata as dez da noite do sábado 23 de decemnbro, a rúa Doutor Vila acolle a mostra organizada dende o Concello, como unha das actividades do programa de Nadal.

Entre os participantes hai comerciantes da comarca valdeorresa e tamén doutros puntos como Quiroga ou León, estando asemade presente, a asociación Peludines Callejeros de Valdeorras e a Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, entre outros.

Ademais de poder mercar algún artigo especialmente pensado para estas datas, tanto ás 13:30 como ás 20:30h. sortearanse lotes de agasallos entre os asistentes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button