EconomíaEconomíaÚltima hora

Gastronomía e folk en “Sabores de Chaves”

Esta cidade do norte de Portugal acollerá un amplo abano de propostas do 1 ao 3 de agosto no Jardim Publico
Cartaz do certame.
Cartaz do certame.

Seguindo a liña da feira do fumeiro (no primeiro fin de semana de febreiro) e do Folar de Chaves (Pascua), que busca promocionar os produtos típicos e dinamizar a economía local, Chaves prepara a segunda edición da mostra da “Sabores de Chaves-Feira do Pastel”, que se desenvolverá do 1 ao 3 de agosto no Jardim Público da cidade flaviense.

O Pastel de Chaves ten 152 anos de existencia e foi recoñecido a finais do 2012 como produto com Indicación Xeográfica (IG). A súa produción diaria ascende a máis de 25.000 unidades, elaboradas por case tres decenas de empresas locais. Boa parte das pastelarias da cidade producen e venden nas súas propias instalacións.

A feira farase coincide coa cuarta edición do Festival de Música Tradicional Folk de Chaves–Flaviaefest, que promete um ambiente único no marco do rio Tâmega e a Ponte Romana, onde “as atuacións de grupos de renome internacional, a divulgación da nosa música tradicional e a mostra de novos proxectos de música do mundo, se unen á venda, exposición e degustación dos sabores da rexión”, segundo adiantan dende o Concello de Chaves.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button