EconomíaEconomíaÚltima hora

Gastronosa, punto de encontro da gastronomía galega o 28 de outubro en Santiago

Esta iniciativa, promivoda por AMICOGAL aposta por poñer en valor o produto galego de interior e de costa

 

Serán nove horas ininterrompidas de espetáculo gastronómico, showcookings e preto de 30 stands nos que o protagonista será o produto gaelgo de calidade. Gastronosa, unha mostra concebida para converterse na feira do produto galego de referencia e dirixida aos profesionais da hostalaría, terá lugar o vindeiro 28 de outubro a partires das once da mañá no Museo Centro Gaiás de Santiago. Ademais, en cociñas móbiles, durante todo o día, os cociñeiros de AMICOGAL ofrecerán degustacións dos pratos típicos da gastronomía de Galicia, elaborados tanto con produtos de costa como de interior.

Esta iniciativa, que se vén de presentar o 22 de outubro, estará organizada pola asociación Amigos da Cociña Galega (AMIGOCAL). Servirá ademais para celebrar o 43º aniversario deste colectivo e conta co apoio da Xunta de Galicia e co patrocinio de Estrella Galicia. No acto de presentación interviñan Javier Outomuro, presidente de AMICOGAL; Guillermo Fernández, delegado de Estrella Galicia; e o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.

Para Outomuro, Gastronosa servirá no só “para poñer en valor a nosa cocina e a nosa materia prima, tamén será un encontro do que sairán novas colaboracións a nivel profesional entre produtores e hostaleiros”. Pola súa banda, Alfonso Cabaleiro, de Galicia Calidade, definiu Gastronosa como o “renacer de Amicogal”. “Amigos da Cociña Galega é, dalgunha maneira, o colectivo pioneiro en Galicia que traballou para impulsar a nosa gastronomía, a esencia da nosa cociña, e poñela en valor”, comentaba. Ao acto de presentación acudían ademais representantes de Gadis e Aceites Abril, colaboradores do evento e cociñeiros da asociación.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button