Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Gerardo Seoane: “Pido a mobilización de todos os votantes para seguir transformando Verín”

O candidato socialista á alcaldía de Verín e actual alcalde aseguraba na presentación da lista do seu partido que a próxima lexislatura ten definido no programa “a recuperación do servizo de augas, e na cidade das augas, a auga será gratis”

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Verín e actual alcalde, Gerardo Seoane, chamaba na tarde do 15 de maio á mobilización dos militantes e simpatizantes para conseguir unha vitoria que lles permita “seguir transformando Verín, unha vila que se puxo ao día nos últimos catro anos, e que non pode permitirse nen un paso atrás, nin voltar ao século XIX nen as políticas caciquís e sen imaxinación”. Facíao na tarde do 15 de maio na Casa da Cultura verinesa no acto de presentación da candidatura socialista en Verín ás vindeiras eleccións municipais.

Ademais o cabeza de lista do PSdeG indicaba que “o que máis me enche de orgullo é sentir como Verín se pon como exemplo en toda Galicia de transformación dunha vila”, lembrando como en catro anos o equipo de goberno foi quen de establecer a rede de parkings libres, “mellorando a mobilidade nunha cidade de servizos, o cal era imprescindible”, ou establecendo os puntos limpos “que retiraron o lixo da rúa” e mellorando e recuperando o conxunto dos servizos urbanos.

Tamén lembrou as tarefas de recuperación do “orgullo de ser a cidade da auga”, simplemente, dixo “mediante a posta en valor dos nosas xoias balnearias, que estaban como Caldeliñas ou Fontenova, comidas polas silvas, e agora recibiron máis de 16.000 auguistas, e teñen noivos que as andan rondando, e que espero agarden por reflotalas e convertilas de novo en referentes”.

Asimesmo, dentro das medidas relacionadas da auga, anunciou que a próxima lexislatura ten definido no programa “a recuperación do servizo de augas, e na cidade das augas, a auga será gratis”, afirmou, explicando que o primeiro tramo de servizo non terá custe para os veciños, aproveitando o aforro de 250.000 euros que se malgasta na concesión do servizo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button