CulturaCulturaÚltima hora

“Gigante”, de La pequeña victoria Cen, no Auditorio de Verín o 17 de abril

Dende o Concello vén de implementarse un novo sistema de reserva de entradas “intelixente e dinámico que utiliza perímetros de seguridade entre grupos de compra ofrecendo ao usuario eventos seguros e con todas as garantías sanitarias"

Espectáculo “Gigante” que poderá verse en Verín./ Imaxe: La pequeña victoria Cen.

 

O sábado 17 de abril, ás 19:00 horas, a compañía La pequeña victoria Cen, poñerá en escena “Gigante” un espectáculo familiar de circo-teatro feito de sutilezas e momentos sorprendentes inspirado en diferentes textos do poeta leonés Jorge Pascual.

“Unha proposta escénica que se move na procura dunha linguaxe expresiva. Tres personaxes, as súas relacións, e obxectos cotiáns como unha cadeira de brazos ou un taburete que cobran unha nova dimensión e combínanse intimamente coas acrobacias, a poesía, os malabares, o teatro, a danza e a música”, indican dende o Concello de Verín.

As entradas xa están dispoñibles, por cinco euros, en ataquilla.com. Segundo destacou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza “a partir de esta sábado, 17 de abril, o Auditorio Municipal de Verín implementará o novo sistema de reserva intelixente e dinámico deseñado por Ataquilla.com, que se adapta ás limitacións de aforo establecidas en cada momento e á distancia social, coa finalidade de preservar unha programación de espectáculos estable en época Covid-19”.

O citado software utiliza perímetros de seguridade entre grupos de compra ofrecendo ao usuario os usuaria eventos seguros e con todas as garantías sanitarias.

Artigos relacionados

Back to top button