OurenseÚltima hora

A “girl band” Sweet California confirma o seu concerto nas Festas de Ourense 2017

 

 Tamy Nsue, Alba Reig e Sonia Gómez forman “Sweet California”. 
A banda presentará as cancións do seu último álbum “3” o 30 de xuño no escenario dos Xardíns do Posío  

O programa das Festas de Ourense 2017 xa ten a súa primeira confirmación. O trío “Sweet California” actuará nos Xardíns do Posío, o 30 de xuño, para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. Este grupo de rapazas ten, até o de agora, tres álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 1.000 copias vendidas.

Con esta primeira confirmación, a Concellería de Cultura avanza na formación dun programa das festas que este ano se celebrarán nas últimas datas do mes de xuño, dende o sábado 24 até o sábado 1 de xullo.

Sonia Gómez, Alba Reig e Tamy Nsue forman na actualidade este trío que, apenas en tres anos pasou de ser unha promesa a converterse nuha formación consolidada, especialmente entre o público adolescente e xuvenil español.

O apoio incondicional dos seus fans plásmase de xeito notorio nas redes sociais. Os vídeo clips e vídeo blogs semanais de Sweet California son unha sensación en YouTube, e converten á banda nunha das “youtubers” máis potenciais do país, con máis de 400.000 subscritores e 120 millóns de visualizacións en tempo récord. Foron nomeadas e gañadoras de premios como o MTV Europe Music Awards, como mellor artista en español 2015, Permio 40 Principais a artista revelación e videoclip, e premio Neox “fan award” á mellor artista, entre outros.

Sweet California chegou ao número 1 dos discos máis vendidos no nos país xa co seu primeiro álbum “Break of Day” (2014), obtendo un disco de ouro tras superar as 20.000 unidades vendidas.

Pero máis lonxe chegaron con “Head for the Stars” (2015), que bateu a marca de 4 semanas no número 1 nas listas de vendas en España, sumando 52 semanas en listas sen baixar do posto 11. “3” é o seu último disco, que saíu en decembro e ascendeu ao número 2 en vendas. En só 2 semanas acadou o disco de ouro e xa leva 12 semanas na lista dos discos máis vendidos de España. Este será o traballo que presentarán o 30 de xuño en Ourense, dentro da súa xira “Ladies Tour”.

Artigos relacionados

Back to top button