ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Gloria Fernández, natural de Viloira (O Barco), celebra o seu centenario

A festa de aniversario, que compartía coa súa familia, tiña lugar en Girona, onde reside xunto a súa filla dende hai 28 anos

 

Rodeada da súa familia festexaba os seus cen anos Gloria Fernández Rodríguez, natural de Viloira (O Barco) o pasado 20 de agosto. Celebrábao o pasado 20 de agosto en Girona (onde vive coa súa filla dende hai 28 anos) xunto aos seus fillos, netos, bisnetos e sobriños, que se desprazaron ata alí para acompañala neste aniversario tan especial.

 

 

Gloria non é a primeira desta familia, coñecida como “Los Cucos”, en alcanzar os 100 anos, a súa irmá Matilde celebrou ata os 104, e a maioría dos seus outros 12 irmáns (xa todos falecidos) sobrepasaron os 90 anos.

Aos moitos regalos recibidos tamén se quixo sumar o Ajuntament de Girona, que lle entregou como obsequio un ramo de flores e unha carta da alcaldesa Marta Madrenas, da man do vicealcalde del Ajuntament de Girona, Eduard Berloso, quen pasou a visitala para felicitala.

Fotos cedidas pola familia.

Artigos relacionados

Back to top button
Close