Publicidade
ConcellosÚltima hora

A GNR portuguesa e a Guardia Civil coordínanse para a seguridade nas estradas fronteirizas

 

O operativo chámase “Hermes- Viaxar en Seguridade 2017” e faise debido á grande afluencia que reciben as estradas lusas durante as épocas do verán
A colaboración farase nos Subsectores fronteirizos entre Galicia e Portugal. 

A Guardia Civil e a Guarda Nacional Republicana colaborarán este verán na “Operación HERMES- Viaxar en Seguridad 2017”. Esta colaboración dase xa que, segundo aseguran fontes de Tráfico, durante a época de verán e vacacións, as autovías e estradas en Portugal soportan un incremento do tráfico viario, concretamente “polo fluxo de turistas estranxeiros e emigrados que retornan, así como polos movementos dos propios portugueses dentro do páis”, aseguran.

Por este motivo, baseándose en experiencias de anos pasados, está previsto que a GNR, vén de aumentar os seus servizos até o 3 de setembro, adecuando os seus medios para intensificar as accións de apoio e fiscalización na súa área de responsabilidade, con particular atención nas estradas máis críticas de acordo cos fluxos de tráfico previstos “con obxecto de previr e combater os accidentes de tráfico e garantir e apoiar aos usuarios”.

Este operativo chámase “Operación Hermes-Viajar en Seguridad 2017”, na que contarán co apoio doutras entidades como a Guardia Civil de Tráfico. Este apoio, aseguran, “é fundamental para o éxito dalgunhas accións previstas para o ámbito da operación”. Estas operacións están previstas, sobre todo, nas Compañías territoriais limítrofes de Verín e Celanova, así como as do Subsector de Tráfico de Verín e Ourense, que realizarán partrullas mixtas e servizos de controis conxuntos, naquelas vías de comunicación con máis afluencia de vehículos.

As accións conxuntas da GNR-GC de aopio aos emigrantes portugueses en territorio español integran a operación TISPOL proposta e organizada pola Agrupación de Tráfico da Guardia Civil “Safe Holidays”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close