EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Godellos e mencías, protagonistas da II Ruta de Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras

Desenvolverase os días 13 e 14 de xullo en 17 establecementos de hostalaría do Barco
Un dos pinchos que se servían na pasada edición desta ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por segundo ano consecutivo a XX Feira do Viño de Valdeorras terá un limiar que aposta pola maridaxe entre a gastronomía e os mencías e godellos desta denominación de orixe. Froito da colaboración entre AEVA, a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras e o Concello de O Barco, porase en marcha a II Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras os días 13 e 14 de xullo. Nela participarán un total de 17 establecementos da vila barquense ofrecendo pinchos elaborados con viños ao prezo de 1,70 euros.

“Na elaboración do pincho incluirase como ingrediente o viño de Valdeorras, doado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras”, tal e como se indica dende a organización. Ademais para publicitar a ruta elaborouse unha guía, na que aparece cada un dos locais (co seu enderezo) xunto co nome do pincho e o horario no que se serve. “Como elemento identificativo imprimíronse carteis promocionais que teñen como imaxe a utilizada para a divulgación da XX Feria do Viño”, matizan os promotores deste roteiro gastronómico.

 

Listado de establecementos participantes nesta ruta, xunto cos pinchos que ofertan.

Artigos relacionados

Back to top button