EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Godeval cancela a cuarta edición da “Velada dos Sentidos”

Este evento que fusiona viño, gastronomía e música estaba previsto para o 4 de xullo en Xagoaza (O Barco)

 

Este verán os xardíns de Godeval en Xagoaza (O Barco) non acollerán a “Velada dos Sentidos”. Dende esta adega valdeorresa vén de anunciarse que se cancela a cuarta edición deste evento que fusiona viños de godello, gastronomía e música. Inicialmente estaba previsto para o 4 de xullo.

“A pandemia xerada polo COVID-19 e as medidas de seguridade a seguir para evitar a súa transmisión levaron a Godeval a cancelar este evento, que cada ano reunía a máis de 200 persoas”, segura a adega nun comunicado.

Desde a organización da “Velada dos Sentidos” lamentan ter que tomar esta decisión pero “a seguridade de todos os asistentes, músicos e persoal da adega é a prioridade nestes momentos”.

Tamén anuncian que están traballando para volver “con máis forza no verán do 2021 se as condicións melloran” e  dan as grazas a todos os asistentes de anos anteriores e “a todos aqueles que este ano se interesaron no evento para asistir”.

 

Imaxe da anterior edición da “Velada dos Sentidos” de Godeval en Xagoaza (O Barco). Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button