EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Godeval celebrará o seu 30 aniversario o 2 de xullo

O programa do acto, que se celebrará no entorno de Xagoaza (O Barco), incluirá degustacións e un concerto de Uxía Senlle
Araceli Fernández, representante de Godeval, durante a presentación dos actos do 30 aniversario desta adega, que se celebrarán en xullo en Xagoaza (O Barco)./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Araceli Fernández, representante de Godeval, durante a presentación dos actos do 30 aniversario desta adega, que se celebrarán en xullo en Xagoaza (O Barco)./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ao carón da súas instalacións, situadas en Xagoaza (O Barco), a Adega Godeval presentaba na mañá do 10 de xuño o programa de actos cos que celebrará os seus trinta anos de traxectoria. Será na tarde do vindeiro 2 de xullo, nese mesmo entorno e ao aire libre, e con degustacións de viños e pinchos, seguidas da actuación da cantante galega Uxía Senlle.

“Consideramos que é un bo momento para celebrar os 30 anos de evolución da adega e para iso queremos crear un entorno para desfrutar do viño, un ambiente de música e de festexo comendo, de tal maneira que podamos desfrutar dun xeito diferente dos viños”, sinalaba Araceli Fernández, xerente de Godeval, durante a presentación.

A celebración comezará a partires das 19h. con degustacións de once pinchos diferentes, maridados cos viños da adega (Godeval e Cepas Vellas). Ademais haberá coctelería coas augardentes que tamén elaboraa esta adega amparada pola Denominación de Orixe Valdeorras. “Levamos moitos anos elaborando aguardentes e cremos que é tamén un momento para falar delas, queremos facer unha proba cunha serie de cócteles, cun cocteleiro. A longo do concerto de Uxía poderá desfrutarse deles”, matizaba Araceli Fernández, quen tamén aproveitaba a presentación para agradecerlle a súa fidelidade aos consumidores de Godeval, “grazas a eles temos estado durante 30 anos. Esperamos que queiran compartir con nós ese día”.

Cartaces do 30 aniversario de Godeval e botellas de godello elaboradas por esta adega barquense./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Cartaces do 30 aniversario de Godeval e botellas de godello elaboradas por esta adega barquense./ Foto: Ángeles Rodríguez.

As persoas interesadas en participar nesta celebración poderán reservar a súa entrada (cun prezo de de 25 euros) ata o vindeiro 27 de xuño poñéndose en contacto coa adega.

Artigos relacionados

Back to top button