DeportesÚltima hora

Goleada da UD Ourense ao Viana no Couto

Os ourensanistas impuxéronse 4-1, con tantos de Rubén Durán, Julio Martínez e Adrián

O campo do Couto volveu vibrar onte na sexta xornada de liga cunha nova vitoria da Unión Deportiva Ourense, que se impuxo a un Viana que, pese a comezar forte iniciando marcador, caeu 4-1.

A primeira parte discorreu máis tranquila, en canto a chegadas a porta. Así, era o vianés Denis o que iniciaba o marcador no minuto 32. Pero pouco durou esa hexemonía, pois o ourensanista Rubén Durán empataba o partido no minuto 45. Algo que lles serviu como dose extra de motivación aos de Antonio Dacosta, que no segundo tempo saltaron ao campo con enerxía renovada.

Proba delo foron os tres goles que marcaron. Julio Martínez daba o 2-1 no minuto 62 e reforzouse con dous tantos de Adrián nos minutos 75 e 80. Quedaba así o CD Viana sen posibilidades de remontar o resultado.

O partido discorren ante unhas gradas ateigadas de siareiros ourensanistas pero que tamén contou coa presenza de vianeses, que non sucumbiron ao marcador e animaron en varias ocasións ao seu equipo de xeito vehemente.

Nas imaxes pódense ver varias xogadas que enfrontaron aos unionistas cos de Viana e a celebración dalgún gol da UDO, en contraste co gardameta vianés.

Fotos: S.F.

Artigos relacionados

Back to top button