PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero denuncia a precarización da sanidade pública en Valdeorras

O secretario xeral do PSdeG-PSOE vén de reunirse coa xunta de persoal do Hospital do Barco

 

 

Na mañá do 18 de outubro o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, visitaba Valdeorras e, acompañado por alcaldes, concelleiros socialistas na comarca e candidatos ás eleccións xerais pola provincia, reuníase coa xunta de persoal do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco. “Somos conscientes de que Valdeorras existe e ten que estar no centro de atención das políticas de todos os gobernos, e xustamente por iso queremos poñer en valor a importancia e o noso compromiso con Valdeorras e co Barco como tarefa e prioridade para apostar pola Galicia interior, polos concellos que necesitan un pulo e para iso, específicamente, é unha prioridade a provisión de servizos públicos”, dicía antes da reunión.

Tamén criticaba Gonzalo Caballero o goberno de Feijóo á fronte da Xunta. “Vemos que nos deixa unha Galicia con menos poboación, con menos poboación ocupada que hai once anos, unha Galicia interior con poboación máis envellecida, con menos posiblidades de futuro e máis baleira. É necesario pegarlle un impulso á Galicia interior, e nesa folla de traballo, de compromiso, cremos que a provisión de servizos públicos é unha cuestión fundamental”.

Ademais o secretario dos socialistas galegos sinalou que na cuestión sanitaria existe “un déficit e unha crise moi importante, iso é unha alerta vermella do que non podemos consentir: a redución da atención primaria, os problemas de atención en distintas especialidades, as problemáticas con ambulancias de máximas prestacións para poder ter todas as garantías no territorio. E isto resulta especialmente preocupante nunha comarca como Valdeorras, onde as distancias xeográficas implican unha chamada de atención”.

 

O secretario xeral dos socialistas galegos, na rolda de prensa xunto ao alcalde do Barco.

 

Amosaba tamén a vontade de “pór en valor o noso compromiso con esa provisión nos servizos públicos que permitan que os veciños de Valdeorras poidan ter unha calidade de vida digna e equiparable a de calquera outro cidadán e iso o poñemos en valor cando hai un goberno en España que tomou decisións importantes no ámbito social e con compromisos históricos para O Barco como o feito de poñer en marcha a circunvalación”.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García, agradecía a visita de Gonzalo Caballero á comarca e incidía en que nesta zona “os servizos sanitarios son peores e cada vez máis xente ten que ir a Ourense a recibir esa asistencia sanitaria que antes tiña aquí, e ademais unha asistencia de calidade.
O obxectivo non pode ser outro que ese: recuperar os niveis na calidade da sanidade que este hospital tivo no seu momento”.

Orzamentos da Xunta

Tamén se refería o secretario xeral dos socialistas galegos ao inicio de tramitación dos orzamentos galegos, que comezaba onte no Consello da Xunta. “O proxecto de orzamento da Xunta de Galicia é unha carta aos Reis Magos despois do fracaso de Feijóo ao longo de once anos de goberno nunha situación na que os últimos datos sinalan que hai máis de 600.000 galegos en risco de exclusión ou de pobreza, 10.000 máis no último ano dos que había e, polo tanto, unha chamada de atención a que a solución política en Galicia pasará por un cambio de ciclo e por unha nova maioría parlamentaria”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Gonzalo Caballero en Valdeorras./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close