PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero: “O único voto útil para o cambio é o voto ao PSOE”

O secretario xeral dos socialistas galegos visitaba O Barco e Vilamartín, acompañado polos candidatos desta formación ao Congreso e ao Senado na provincia

 

“Quédanos unha recta final de catro días de campaña electoral e cremos que o PSOE está cargando as pilas. Pedro Sánchez onte fixo un magnífico debate que ganou por goleada pola súa responsabilidade, polo seu sentido, polo seu proxecto, el era o único presidente posible que onte estivo no debate”, aseguraba o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, na mañá do 5 de novembro no Barco. Visitaba a vila acompañado polos membros das candidaturas do PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense e tamén polo alcalde barquense, Alfredo García, entre outras persoas.

Caballero manifestaba a súa satisfacción de que “o presidente do goberno e candidato socialista Pedro Sánchez anunciase onte que promoverá á galega Nadia Calviño para ser vicepresidenta económica do goberno, unha muller galega, preparada, competente cunha traxectoria profesional incuestiontable e que amosa o impulso e a capacidade do proxecto dos socialistas para abordar o novo tempo político despois do 10 de novembro”.

O secretario do PSdeG resaltaba tamén que “cada día que pasa o partido socialista está ganando máis forza de cara ao resultado electoral, estamos presentado o único proxecto para que España avance, para que aos cidadáns lles vaia ben”. E, nese senso, defendía que o “único voto útil para o cambio, que frea ás dereitas e á ultradereita, é o voto ao PSOE. O importante neste momento é pedir unha participación masiva. Se unimos os votos da esquerda e os votos progresistas nas candidaturas socialistas iso permitiranos ter un goberno progresista en España, poremos un límite claro ás ambicións da ultradereita e estableceremos a antesala da fin política de Feijóo á fronte da Xunta de Galicia”, concluía Caballero.

 

Gonzalo Caballeiro intervindo no xantar en Vilamartín.

 

De maneira moi parecida manifestábase o alcalde barquense, Alfredo García, quen incidía en “temos que seguir insistindo nestes catro días que nos quedan de campaña para tentar mobilizar a toda a cidadanía para que por fin este país teña un goberno, é imprescindible ter goberno e onte o único candidato no debate que falou de futuro, que falou de medidas concretas, tema por tema, apartado por apartado, foi Pedro Sánchez, o resto era un totum revolutum contra Pedro Sánchez”.

A continuación Caballero, acompañado polos candidatos socialistas e polo rexedor barquense, facía un percorrido polos postos da Praza de Abastos da vila e logo desprazábase ata o veciño concello de Vilamartín, onde tiña lugar un xantar no Complexo Hostaleiro Paladium con alcaldes e concelleiros das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Viana Bolo, así como con militantes e simpatizantes.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button