PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero (PSdeG) critica que Feijóo “dea as costas” ás protestas do CHUO

O Secretario Xeral do PSdeG asegurou que o presidente da Xunta “podería ter aproveitado” a súa visita á provincia para falar cos empregados pechados no Complexo ourensán en protesta polo peche de camas
Socialistas e empregados ás portas do CHUO. // Foto: Carlos Asensio.

O Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe, 22 de xaneiro, ao CHUO para manter unha xuntanza co persoal do Complexo ourensán que permanecen pechados dende hai seis días en protesta contra o “peche de camas” na nova área de Hospitalización.

Gonzalo Caballero estivo acompañado pola deputada pola provincia no Parlamento de Galicia, Noela Blaco; o recente electo Secretario Provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino; e o voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, entre outros.

Gonzalo Caballero iniciou as súas verbas asegurando que o Goberno de Feijóo está “recortando e materia sanitaria” e remarcou que os Socialistas “vemos como bota atrás todo o que o país progresou en materia sanitaria”. O líder dos socialistas instou a que o presidente “atenda ao clamor manifestado pola cidadanía”. Neste senso criticou que o presidente da Xunta estivese hoxe na provincia, visitando o Mosteiro de Oseira, e “non aproveitase para facer unha visita a Ourense para manter unha xuntanza cos afectados”. Reiterou que tivo “unha oportunidade magnífica para rectificar as súas políticas” e pediulle que “non dea as costas” aos afectados.

En canto aos empregados pechados no interior do CHUO, a presidenta da Xunta de Persoal do CHUO, Asunción Maus, anunciou que van seguir “ata que nos fagan caso”. Informou que, até o de agora, xa van máis de 13.000 sinaturas recabadas para frear a desaparición desas camas. Maus reiterou que “ninguén se puxo en contacto con nós”, facendo referencia á mediación que se ofrecer a facer a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Non en cambio especificou que a Xerencia si se puxo en contacto con eles “para ver se necesitabamos algo”.

Artigos relacionados

Back to top button