PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero reúnese coa militancia socialista de Verín

 

Gonzalo Caballero participaba na tarde do sábado nunha xuntanza coa militancia socialista en Verín, na mesma xornada que o levou por Monterroso, en Lugo, e por Lalín, na provincia de Pontevedra.

Dende Verín, Gonzalo Caballero reivindicou o “orgullo de ser socialista tanto no goberno como na oposición, como amosan cada día centos de concelleiros e concelleiras nas catro provincias galegas”.

Alí, recordou que onte, 9 de outubro, cumpríanse “catro anos dende que a militancia socialista, cun amplo respaldo nas catro provincias”, o elixiu secretario xeral. “E agora toca novamente votar en liberdade para seguir avanzando”, recalcou.

 

 

Tamén destacaba en Verín que o traballo socialista “permitiu que o PSdeG avanzara en todas as eleccións nesta provincia e que o PP perdera a maioría absoluta na Deputación de Ourense”.

Neste punto, avogou por seguir construíndo “un PSdeG forte” cun proxecto socialista “galeguista, feminista, ecoloxista e, por suposto, de esquerdas para gañar as eleccións ofrecendo aos galegos e ás galegas unha alternativa ao PP”.

Caballeiro indicaba que “esa é a liña na que eu traballo cada día, confrontar coas políticas da dereita e con Feijóo en defensa da xente. Outros prefiren amosar a súa connivencia con Feijóo, pero esa non é unha estratexia acertada”.

Artigos relacionados

Back to top button