CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Graduacións, baile e música para despedir o curso no CEIP Otero Pedrayo de Viloira

Cunha colorista danza de arcos con todos os alumnos de primaria concluía na tarde do 20 de xuño un animado festival de fin de curso no patio do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Eran máis de catro horas de celebración nas que se implicaban o alumnado, os profesores e tamén os pais e nais.

O programa desta festa tan especial para despedir as clases comezaba ás cinco da tarde no salón de actos do centro coa graduación dos nenos de sexto, continuaba coa graduación infantil e, logo xa, no patio, cunha serie de actuacións de baile e canto ás que ían dando paso, como presentadores, dous alumnos: María e Óscar.

 

Gradución dos alumnos de infantil./ Foto cedida polo CEIP Otero Pedrayo.

 

Os primeiros en saír ao escenario eran os nenos de 3 anos e a partir de aí ían sucéndose as danzas cos ritmos e estilos máis diversos, incluíndo unha peza con canto tradicional e pandeiretas, e coas intervencións dos diferentes cursos ata chegar aos maiores, que se despedían do colexio neste festival.

Finalmente, os nenos e nenas de primaria reuníanse nunha actuación final con arcos. A directora do colexio, Reme Arias, agradecía en nome do centro e da ANPA a numerosa asistencia de pais, nais e outros familiares a esta celebración que alumnos e profesores preparaban “con moita ilusión e esforzo” e desexáballes a todos un feliz verán.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button