Galerías de fotosÚltima hora

Graduacións no IES Lauro Olmo do Barco

O centro barquense despedíu aos alumnos que remataron os diferentes ciclos formativos

Cunha gran festa de graduación, o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras despedía aos alumnos que remataron a formación nos diferentes ciclos formativos: os ciclos medios de Administrativo, Atención ás persoas en situación de dependencia, Instalacións Eléctricas e Automáticas, Coidados Auxiliares de Enfermería, Electromecánica de Vehículos Automóbiles, Peiteados e Cosmética Capilar; e o ciclo superior de Administración e Finanzas.

A directora do instituto Amparo Quiroga, foi a encargada de nomear un a un aos alumnos que recibían os diplomas de mans dos seus profesores.

A festa completaríase cunha actuación musical e unha pinchada.

Fotos: Monica G. BellverGraduacións no IES Lauro Olmo

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button