ConcellosEconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Gran ambiente e alta participación na Festa da Bica de Trives

Máis de 450 persoas asistían ao xantar celebrado o 29 de xullo na praza do Reloxo

Polbo á feira, carne ao caldeiro, viño, licor café e bica. Ese foi o menú que puderon degustar os asistentes ao xantar celebrado no mediodía do sábado 29 de xullo na praza do Reloxo para rendir culto á Bica de Trives.

A nota musical á Festa da Bica que este ano chegaba á XLIV edición organizada polo Concello, poñíaa a Charanga Nova Terras de Trives que daba unpasarrúas pola mañá (xunto á Banda de Gaitas Os Trintas) e xa pola tarde convidaba a bailar aos asistentes que despois de xantar achegábanse ata os bares da vila para tomar o café e as copas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button