A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Gran ambiente na noite do sábado na Baco Festa, no Aguillón rues

 

Cheo absoluto. Coma nos mellores tempos antes da pandemia, A Rúa vivía unha gran noite de sábado no marco da Baco Festa 2022 que se está a celebrar no Aguillón.

Dende a apertura do recinto feiral a media tarde e ata ben entrada a madrugada, foron numerosas as persoas que se achegaron ata a festa para degustar os viños da terra, comer ou simplemente desfrutar da música e do ambiente.

 

 

O apartado muical da tarde correu por conta do grupo de cantos de taberna da Asociación Cultural Abertal, mentres que a sesión verbena estivo amenizada por unha animadísima orquestra, Los Players que fixeron bailar aos asistentes ao ritmo de cumbias, bachatas e pasodobres.

Con respecto aos stands, nesta edición da festa hai un total de doce adegas (A Coroa, Alán de Val, Quinta da Peza, Sampayolo,…) e nove artesáns, ademais dos postos do Concello de Almendralejo co seu cava, de Abertal, do Camiño de Inverno e de creps, así como o bar e o restaurante.

 

 

A festa continúa hoxe, co espectáculo “Maxia na vila” co mago Roberto Lolo, dentro do Festival Mundial de Ilusionismo, Galicia Ilusiona; pasarrúas da Banda de Gaitas de Abertal; e o concerto de Fran Perea ás 23:30 horas que porá o broche a tres días de celebración.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button