Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Gran ambiente no derbi Ourense CF-CD Barco disputado no campo de Oira

Co 2-1 remataba o penúltimo partido de liga en terceira división

A unha xornada do final de liga en terceira división, o Ourense CF vén de sumar tres puntos tralo derbi ante o CD Barco disputado na tarde do 6 de maio.

A coincidencia de partidos á mesma hora (Ourense CF-CD Barco de terceira e a UD Ourense-Mondariz de preferente), obrigaba a cambiar un dos dous encontros e finalmente era o de terceira o que se disputaba no campo de fútbol de Oira. Alí se daban cita numerosos afeccionados (moitos chegados dende Valdeorras) para desfrutar do último derbi da tempada.

Antes de comezar o encontro os equipos sénior facían o pasillo aos xogadores das categorías inferiores do Ourense así como ao filiar do Ourense FSF polo éxitos da tempada, con foto de familia incluída. E con respecto ao apartado deportivo, os locais adiantábanse no marcador nada máis comezar o partido, marcando o segundo xa na segunda parte. Cassio marcaba para os barquenses no 77′, pero o marcador xa non se movería rematando o encontro co 2-1 e os tres puntos para os brancos.

Fotos: Carlos G- Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button