SanidadeÚltima hora

Gran concentración en defensa da área sanitaria no Barco o 24 de xaneiro

Será ás 12h. diante do Hospital Comarcal Valdeorras e celebrarase ao mesmo tempo que nas outras tres áreas galegas cuxa supresión prevé a reforma da Lei de Saúde de Galicia
Imaxe dunhas das concentracións en defensa da área sanitaria de Valdeorras celebradas o pasado ano no Barco.

Retómanse as mobilizacións a nivel galego para pedir que se retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia que se aprobaba no Consello da Xunta celebrado o 7 de decembro e que supón a desaparición da área sanitaria de Valdeorras. Así, segundo se vén de anunciar dende a Plataforma Sanitaria de Valdeorras, vaise convocar unha gran concentración en defensa desta área o vindeiro mércores 24 de xaneiro ás 12h. diante do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Esta concentración terá lugar o mesmo día e á mesma hora que outras semellantes que se farán nas outras tres áreas sanitarias cuxa supresión contempla a reforma da Lei de Saúde: Monforte de Lemos, a Mariña Lucense e O Salnés.

Ademais prevese outro acto reivindicativo xa o día 4 de febreiro en Santiago de Compostela no que participarán as catro áreas sanitarias afectadas pola modificación da lei.

Artigos relacionados

Back to top button