DeportesÚltima hora

Gran debut do Sincro Ourense na liga galega de figuras

4 nadadoras infantís do club participan no campionato de España de figuras de inverno de natación sincronizada
Grupo do Club Sincro Ourense desprazado a Vigo.
Grupo do Club Sincro Ourense desprazado a Vigo.

A piscina do Real Club Náutico de Vigo acollía o 21 de novembro a primeira xornada da liga galega de figuras de natación sincronizada á que acudiron 30 nadadoras do Club Sincro Ourense. Tres delas copaban o podio na categoría infantil: Lola Carracedo foi 1ª, Eyen Díaz 2ª e Elena Moyano 3ª. Ademais, oito nadadoras do club situábanse entre as vinte primeiras: Ana Moyano 7ª, Claudia Bande 13ª, Gisele Cazas 14ª, Laura Bernardo 17ª e Lucía Villar 20ª.

Entre as nadadoras xuvenís os postos máis destacados do conxunto ourensán foron o 4º de Lara Doval e o 16º de Ana Gómez.

E no que respecta á categoría alevín foron seis as ourensás situadas entre as vinte primeiras clasificadas: Sabela Guevara foi 7ª, María González 8ª, Noa Pulido 13ª, Antía Touriño 16ª, Eva Rodríguez 18ª e Erea Lamas 20ª.

E xa esta fin de semana, entre o 27 e o 29 de novembro, catro nadadoras infantís do Sincro Ourense (Laura Bernardo, Lola Carracedo, Eyen Díaz e Ana Moyano) participarán no campionato de España de figuras de inverno de natación sincronizada que se celebrará no Complexo Deportivo M-86 de Madrid, ao que acudirán 128 nadadoras de toda España.

Artigos relacionados

Back to top button