DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran entrada en Calabagueiros para ver o derbi provincial Tres Cuñados FS-Sala Ourense

Os locais manteñen o liderato trala vitoria no Barco por 3 goles a 2

Os derbis sempre teñen un aliciente especial. Por iso non foi de extrañar o numeroso público que na tarde do 3 de novembro se xuntou nas bancadas do pavillón de Calabagueiros, para ver o partido de fútbol sala entre o Tres Cuñados e o Sala Ourense.

Os locais chegaban á xornada 8 en segunda nacional B como líderes da clasificación, mentres que os visitantes facíano dende a metade inferior da táboa, no primeiro ano na categoría nacional. E aínda así, eran os ourensáns os que se adiantaban no marcador cun temperán gol de Allariz nada máis comezar o partido. O resultado mantívose durante 15 minutos con varias oportunidade fallidas para os brancos que finalmente transformaba Bruno, chegando ao descanso co empate a uns no marcador.

Na segunda metade, unha xogada individual de Bruno provocaba o segundo tanto local chegando o empate a falta de dous minutos. De seguido, unha resposta rápida de Dilín poñía o 3-2 final no luminoso dun bonito, intenso e rápido partido con espectáculo por parte de ámbolos dous conxuntos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button