O Gran Folión de Entroido da Valenzá (Barbadás) luciu a pesares da choiva

Case 45 participantes pecharon a Avenida de Celanova para amosar as súas creacións

A avenida de Celanova, na Valenzá (Barbadás) converteuse nunha pasarela improvisada hoxe, 13 de febreiro, no Gran Folión de Entroido. Como cada ano, a orixinalidade das carrozas, das comparsas e dos disfraces encheu de cor este núcleo urbano. E a xente agolpábase ao carón desta gran avenida para gozar de devandito desfile, que arrancou cara ás cinco da tarde.

A choiva non conseguiu desanimar ás xentes deste concello, que saíron tapados cos seus paraugas e bailando cun sorriso na cara.

Finalmente, unha vez rematado o desfile, foi o tempo de dar os premios do concurso que outorga o Concello de Barbadás. Na categoría de “Parellas”, o primeiro premio de 200 euros foi para “Pedro e Pablo Picapiedra” e o segundo para as súas donas (150 euros) “Betty e Vilma Picapiedra”. O terceiro posto foi acadado por “A rapa da perica”, que gañaron 100 euros. O cuarto premio, dotado de 75 euros, foi para “Os Trolls visitan a Valenzá” e o quinto premio foi para a parella “Hasta el potato”, que gañaron 50 euros.

Na categoría “Individual”, o Fauno foi o gañador do premio de 150 euros e, na infantil, foi para “Super Rabeda Wings”, que gañou un bono agasallo de 200 euros.

En canto as charangas e contracharangas, o primeiro premio foi para “Sentinelas del reino de hielo”, que gañaron 350 euros. O segundo posto foi para “Las cuatro estaciones de Vivaldi”, que recibiron 300 euros. A charanga “BBB” recibiu o premio de 250 euros correspondente ao terceiro posto.

Finalmente, a comparsa gañadora foi “A tribú do Fonsillón” foi a gañadora do primeiro premio de 400 euros. “Luce a folla e cae a pluma” quedou segunda cun premio de 300 euros. O terceiro posto foi para “Os bagalumes” (250 euros). “O universo” gañou o cuarto premio de 200 euros e, finalmente, o quinto posto foi para “Móvete in love”, que recibiron 150 euros.

Fotos: Carlos Asensio.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies