DeportesÚltima hora

Gran partido en Calabagueiros que remata con dous xogadores do Barco lesionados

Co empate a 4 remataba o CD Barco-Deportivo B no que Dani “Chimpín” tivo que ser sacado do campo en brazos
Dani é sacado do campo por  Nando.
Dani é sacado do campo por Nando.
A ambulancia recollendo ao xogador lesionado.
A ambulancia recollendo ao xogador lesionado.

A imaxe do centrocampista Daniel González “Chimpín” saíndo do campo no minuto 75 en brazos do delegado Nando, foi sen dúbida unha das máis sorprendentes do CD Barco-Deportivo B desputado na tarde do 25 de outubro en Calabagueiros, un partido intenso e de gran calidade que remataba en táboas.

O estado do campo (con moitos buratos) segundo explican dende o Centro de Deportes Barco, e a intensidade do xogo, contribuíron á lesión do xogador que tivo que ser trasladado en ambulancia. En ocasións como esta, en plena tempada en terceira división, destaca a carencia dun servizo de asistencia (con camilla) no campo. O presidente do club Daniel Ramos, asegura que non están obrigados a ter este servizo pero sería máis que razoable que a poboación se implicase para poder contar con el a través dalgún colectivo (Cruz Vermella ou mesmo Protección Civil).

O xogador barquense dirixe a acción en Calabagueiros.
O xogador barquense dirixe a acción en Calabagueiros.
O conxunto do Barco celebrando un gol.
O conxunto do Barco celebrando un gol.

Ao final Dani ten roto o peroné e será baixa durante polo menos tres meses, pero xa na primeira parte do partido houbera outro lesionado. Jorge saía do campo polo seu propio pé pero a súa pode ser unha lesión aínda maior, estando pendente dunha resonancia que confirme ou descarte rotura no xeonllo.

Lesións aparte, o partido correspondente á xornada 10 de liga remataba co empate a 4 goles. Un resultado que o conxunto local lograba igualar malia o 2-4 que chegaron a ter en contra, grazas aos goles de Mitogo (na primeira parte) e Borja xa avanzada a segunda.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button