ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Gran presenza local no Jam Fest de AMAVA

Celebrábase na explanada do skate park do Barco durante a tarde-noite de onte, 31 de agosto

A explanada do skate park do Barco serviu de escenario improvisado para a Jam Fest organizada pola Asociación Música Alternativa Valdeorras (AMAVA), en colaboración co Barbudos. Tiña lugar na tarde-noite de onte, sábado 31 de agosto, e houbo unha gran participación de grupos locais.

Comezaba ás 20:00 horas, e aínda que se dividiu en dúas partes, alongouse ata a madrugada. Así, polo escenario pasaron bandas como Reverend Goat, Sex Pistolos, Skoll, Punke hop, Azor 91, e Big Crunch; e persoas que tocaron conxuntamente, como foron Palandro, Kañero e Edu, entre outras.

Fotos: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button