DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran presenza valdeorresa na XLI Carreira Pedestre Popular San Martiño

O presidente do Club Adas, Agustín González, deu a saída á carreia escolar

Valdeorras ten sempre gran protagonismo na San Martiño, unha das probas clásicas de Galicia, con moitos corredores percorrendo as rúas de Ourense, pero esta, a 41ª edición celebrada na mañá do 19 de novembro, foi especial.

Non só polos inscritos (do Barco, da Rúa, da veciña Trives,…) ou polo segundo posto acadado polo valdeorrés Alejo Ares que dominaba a proba, cedendo no tramo final tres segundos ao campión. Trala carreira absoluta, na que participaron miles de corredores, chegaba o turno da proba escolar e sobre a Ponte do Milenio, Agustín González, presidente do Club Abas de O Barco dende hai 35 anos, daba o pistoletazo de saída á multitude infantil, en recoñecemento a toda unha vida adicada ao atletismo e moi especialmente á base.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alejo-ares-adas-barco-subcampion-da-san-martino-2017

Artigos relacionados

Back to top button