EconomíaEconomíaÚltima hora

Gran resposta na campaña solidaria de recollida de alimentos do Hostal La Viuda de Trives

Agradecen a elevada cantidade de alimentos reunidos en apenas unha semana que lle foron entregados á Protección Civil de Trives
Ángel do Hostal La Viuda, fácendolle entrega a Protección Civil de Trives dos alimentos reunidos.

Con moita satisfacción pola gran resposta e apoio recibido, o Hostal La Viuda de Trives facía vén de facerlle entrega á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trives dos alimentos reunidos ao longo de menos de unha semana.

“É a primeira vez que organizamos un acto solidario deste tipo e tivo unha gran acollida, houbo moita colaboración. Este foi o noso gran solidario neste Nadal e foi posible grazas aos nosos clientes, empregados, amigos, proveedores”, asegura en nome do Hostal La Viuda, Ángel Fernández.

O total de alimentos reunidos será entregado por parte de Protección Civil de Trives ao Banco de Alimentos de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button