Galerías de fotosÚltima hora

Grandes festas do Corpus en Casaio

A procesión co Santísimo, centrou o programa o sábado 6 de xuño

A fin de semana do 5 ao 7 de xuño foi de festa en Casaio, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras. Ao longo dos tres días veciños e visitantes celebraban por todo o alto o Corpus, con cultos relixiosos, música e actividades lúdicas.

O acto central dos festexos tiña lugar no mediodía do sábado 6 de xuño. Despois da eucaristía celebrábase a procesión sacramental co santísimo polas rúas do pobo acompañada pola charanga e os asistentes. Ao remate, a charanga poñía o broche musical con baile na praza.

A festa continuaba pola tarde con xogos para os nenos e a actuación da orquestra así como dunha discoteca móbil. O programa repetíase o domingo, con misa e a actuación da orquestra Los Españoles.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button