CulturaCulturaÚltima hora

Grandes festas en Vilariño (O Barco), os días 23 e 24 de febreiro

A Asociación de Veciños organiza esta celebración na honra ao Anxo da Garda
Cartel das Festas de Vilariño.

Recuperar tradicións, dinamizar o pobo e reunir aos veciños en torno a diferentes actividades é o obxectivo da Asociación de Veciños de Vilariño (O Barco de Valdeorras), reactivada con nova directiva hai algo máis dun ano.

Seguindo esta premisa, en novembro de 2018 organizaban un animado magosto ao que asistían máis dun cento de persoas e agora prepáranse para celebrar outra importante data: as festas na honra ao Anxo da Garda, tamén coñecido como Anxeliño, a máis importante e coñedida neste pobo barquense.

Campionantos de naipes, cultos, música e ata inchábeis, son algúns dos ingredientes cos que cociñaron o programa previsto para a fin de semana do 23 e 24 de febreiro. O venres día 23 a partir das 22h. arrancará o campionato de tute, pero non será ata o sábado cando comece a festa propiamente dita. Para as 13h. está prevista a misa solemne e procesión e ao remate, a orquestra Saudade amenizará a sesión vermú. Xa pola tarde, a partires das 17h. continuará o campionato de tute e ás 17:30h. e tamén haberá inchábeis gratuítos para os cativos. O baile, en sesión de tarde e verbena correrá tamén por conta da orquestra Saudade.

O domingo haberá de novo misa solemne e procesión ás 13h. seguida da sesión vermú a cargo do dúo Hora Bruja, que será tamén o encargado de amenizar o baile en sesión continua (sen verbena) a partires das 19h.

Para facer fronte ao frío e coa idea de que os asistentes estén agusto, contarán cunha carpa pechada e climatizada e dende a organización prometen sorpresas durante a sesión de tarde “na que esperamos que a xente se divirta”, asegura Roberto Paradelo, secretario da asociación, adiantando que se todo sae ben e a xente se anima, esperan organizar a Festa de Santa Elena na primeira fin de semana de maio así como recuperar xa en agosto, a celebración do “Arroyo”, unha especie de romaría que se organizaba antigamente entre os pobos de Castro, Soulecín e Vilariño.

Artigos relacionados

Back to top button