EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Grupo Cuevas clausura cunha multitudinaria gala o seu 150 aniversario

O valdeorrés Francisco Barredo recibiu un recoñecemento extensible aos produtores de castaña de Ourense

Moi poucas empresas poden presumir de celebrar o 150 aniversario. Por iso este ano no que o Grupo Cuevas cumpría un século e medio de historia en Ourense, foi moi especial, realizando ao longo dos meses diferentes actividades no sector cultural, comercial e social, que culminaban nunha multitudinaria gala celebrada na tarde-noite do 18 de novembro no Auditorio de Ourense.

Conducido pola presentadora de televisión Luján Argüelles, miles de persoas vinculadas á empresa ourensá (empresarios, traballadores e familiares entre os que non faltou xente de Valdeorras) ademais de autoridades políticas, asistían ao acto no que dun xeito ameno, intercalando con fitos históricos e música en directo, se foron analizando os 150 anos de traxectoria deste negocio que comezou en 1867 coa apertura na rúa Lepanto dun almacén de ultramarinos polo fundador Francisco de las Cuevas, e hoxe está formado por diferentes empresas que lograron o “reconocimiento mundial” grazas ao seu produto estrela, o marrón glaçé, que se exporta a países de todo o mundo “desde Ourense”. Un logro conseguido grazas a catro xeracións dunha empresa familiar en continua innovación no sector. “Fomos pioneros en abrir o primer cash and carry de Galicia e nos 80 abrimos Tomóvil, para nos 90 crear Frunatur e coa entrada neste século dar un salto á expansión da nosa cadena de supermercados”, asegurou o director xeral da empresa, Artur Yuste, na súa intervención, destacando que “o pasado de Cuevas é inmenso e o futuro, infinito”. Yuste puxo de manifesto a súa ilusión por poder celebrar os 150 anos coa mesma premisa que se creou: “seguir sendo unha empresa ourensá”, aportando valor á sociedade e con vocación de “seguir crecendo”.

 

O Auditorio de Ourense completou o aforo durante a gala.

No decurso da gala, entregábanse os premios do I Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística centrado na “relatividade do tempo” no que participaron máis de 100 obras (unha das actividades conmemorativas do aniversario) cunha exposición itinerante polos supermercados do grupo e salas de arte. Inma Vilanova recibía o premio “Novos Talentos” e Fernando Fernández o “Gran Premio Ignacio de las Cuevas”.

Tamén houbo recoñecementos aos traballadores. A José Pereira Losada “Pepín” que estivo 52 anos na empresa; e aos produtores de castañas de Ourense porque “se algo define a Cuevas é a castaña, un froito que podería ser perfectamente estandarte da cidade, e por iso o grupo quere recoñecer o seu labor, personalizando a homenaxe en Francisco Barredo González (responsable da empresa valdeorresa Lambone), un recoñecemento a varias xeracións dunha familia que ten colaborado con varias xeracións da familia de las Cuevas”. Barredo recollía o galardón facéndoo extensible “a toda a xente que recolle as castañas no campo, sen eles nada sería posible”, dixo, agradecendo o trato que o grupo dá tanto aos cliente e aos proveedores.

O acto contou asemade coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez quen destacou “a traxectoria dunha empresa ligada a Ourense e creadora de riqueza, unha das 20 empresas máis antigas de España, xeradora de máis de medio milleiro de empregos directos e outros 200 indirectos”; e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo quen loou a “brillante traxectoria do grupo Cuevas”, destacando la proeza de “ter mantido vivo o legado adaptándose ao mercado, innovando con acerto con novos produtos, en novos mercados e consolidándose como unha das empresas máis senlleiras de Galicia”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close