ConcellosÚltima hora

Grupo extraordinario para o Campamento do Invernadoiro de Verín

O Concello abre o prazo de inscricións mañá e dá así solución á gran demanda rexistrada
A Concellería de Mocidade decidiu convocar un grupo extraordinario para o campamento.
A Concellería de Mocidade decidiu convocar un grupo extraordinario para o campamento.

Debido á gran demanda rexistrada este ano no Campamento do Invernadoiro, que terá lugar do 22 ao 27 de agosto, a Concellería de mocidade de Verín apostou por organizar un novo grupo extraordinario, que se levará a cabo do 27 de agosto ao 1 de setembro. Así o confirmaron esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, e a técnica da OMIX de Verín, Blanca López. Segundo explicaron, as persoas interesadas en inscribirse neste grupo extraordinario, poderán facelo a partires de mañá na OMIX.

Artigos relacionados

Back to top button