EconomíaEconomíaÚltima hora

O grupo LECER convoca un concurso fotográfico entre os clientes dos seus establecementos

As fotos terán que ser subidas á páxina de Facebook de Galicia Calidade entre os días 27 de xullo e 11 de agosto

Os establecementos da plataforma “Lecer”, dependentes de Galicia Calidade, convocan un concurso de fotografía en redes sociais entre os clientes dos seus establecementos, co obxectivo de impulsar e dar visibilidade á súa oferta de ocio, restauración e hostalaría.

Para participar no concurso, que se desenvolverá a través de Facebook entre o 27 de xullo e o 11 de agosto (ata as 23:00), os usuarios deben de subir unha foto realizada en calquera dos establecementos de Galicia Calidade “Lecer” (indicando de que establecemento se trata) e compartila cos seus amigos para conseguir o maior número de votos posible.

Gañarán o concurso as catro persoas cuxas fotografías obteñan máis votos e, a maiores, os 100 primeiros participantes en subir a súa foto recibirán como premio unha camiseta de Galicia Calidade. O resultado final e a entrega de premios serán comunicados publicamente o día 12 de agosto a través da devandita rede social e persoalmente aos gañadores.

En canto aos premios: o primeiro está dotado cunha noite para dúas persoas nun establecemento de Galicia Calidade Lecer, a escoller polo gañador. O segundo é un menú para dúas persoas nun establecemento de Galicia Calidade “Lecer”, tamén a escoller polo gañador. Finalmente o terceiro premio é un xamón coa certificación Galicia Calidade e o cuarto un estoxo de viños tamén con devandito selo de identificación.

Segundo rezan as bases do concurso, todos os participantes han de ser maiores de idade e deben de seguir  a páxina de Facebook de Galicia Calidade.

Cartel do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button