OurenseÚltima hora

Guadi Galego actúa este sábado no Auditorio Municipal de Verín

O concerto enmárcase na xira do seu terceiro disco O mundo está parado
Guadi Galego actuará este sábado en Verín.

Un ano despois da súa saída, Guadi Galego fai balance da xira co seu terceiro traballo en solitario, O mundo está parado. Un disco que arrasou nas vendas, coa primeira tirada de 1.000 vinilos esgotada en apenas un mes, sendo considerado polo crítico Fernando Neira como “un dos cinco mellores discos do 2016 en España”. Tivo unha xira de máis de 50 concertos, coa que pasou polas catro provincias galegas, Barcelona, Madrid, Portugal e algunha das feiras máis importantes do Estado con proxección europea: a Trovam de Valencia ou o Mercat de Música Viva de Vic.

E no marco desa xira a artista fará parada en Verín. Este sábado día 15 de setembro Guadi Galego subirase ao escenario do Auditorio Municipal acompañada dos músicos que participaron na gravación e arranxos do disco, así como de colaboradores especiais. Será a partires das 21h. e as entradas están dispoñibles, por 5 euros, no portal web de Ataquilla.com e na taquilla do Auditorio Municipal Verín.

Artigos relacionados

Back to top button