ConcellosÚltima hora

Guadi Galego e Os D’abaixo chegan á Rúa este domingo 10 de xullo co ciclo “Xacobeo no Interior”

A Praza da estación acollerá a sesión vermut amenizada polo grupo Os D'abaixo ás 13:30h e a partir das 21:00h comezará o concerto de Guadi Galego

 

Este domingo o ciclo de concertos Xacobeo no Interior chega á Rúa para celebrar o San Cristóbal coa mellor música galega. Guadi Galego e Os D’abaixo serán as bandas encargadas de poñer a bailar á veciñanza e visitantes da zona. A festa comezará ás 13:30h na Praza da estación cunha sesión vermut amenizada polo grupo de folk Os D’abaixo, e a partir das 21:00h comezará o concerto de Guadi Galego.

O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade,pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes das comarcasda Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, apoiando promoción os propios entornosrurais atravesados polo Camiño para “non centralizar os concertos xacobeos enSantiago de Compostela”, tal como destacou a directora de Turismo, Nava Castro.

“Faime especial ilusión estar nestas localidades nas que non estiven nunca (…) sabemosque imos dalo todo”, destacaba Guadi Galego na rolda de prensa. Xacobeo no Interior mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición,con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

Para que “a música galega brillecon luz propia”, como destacou Manuel Roxo. O ciclo arrancou o 1 de xullo en Sarriacoas actuacións de Guadi Galego e De Vacas, o 10 de xullo será a quenda de Os D ́Abaixo e Guadi Galego na Rúa e, como remate, Uxía & Javier Ruibal e Leilía actuarán noCastelo de Monterrei o 4 de agosto.

Esta programación está dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22-Xunta de Galicia.

Sobre os artistas

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Actualmente está en xira co seu último disco, Costuras. Este traballo aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presentemáis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.

Os D’abaixo son un grupo imprescindible do folk galego. A banda formouse no 2010por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galilcia como Berrogüetto e Fía na Roca. En 2022 presentaron o seu disco Somos a pedra, que volve xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia.

Artigos relacionados

Back to top button