CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Guadi Galego, na Gala Musical pola Igualdade de Verín “Somos Iguais: é positivo”

Celebrarase o sábado 13 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín

Publicidade
Cedida.

 

O Auditorio Municipal de Verín acollerá o sábado 13 de novembro ás 19h. a Gala Musical pola Igualdade “Soamos Iguais: é positivo”, organizada pola Anpa do Conservatorio de Música Profesional da vila en colaboración co Concello de Verín. Este evento está subvencionado pola consellería de Emprego e Igualdade coa finalidade de promover a igualdade e previr a violencia de xénero neste centro educativo dependente do ente municipal.

Este sábado, a comunidade educativa da música de Verín “Anpa CMUS” abrirá as súas portas a cidadanía organizando un evento multidisciplinar en prol da Igualdade. Como non podería ser de outra maneira, a música será o eixo vertebrador do evento. Nesta ocasión os asistentes poderán desfrutar dun concerto de cuarteto feminino de vento Catro cores que interpretará un divertido e coñecido repertorio de cancións destinado a un público familiar e melómano.

“Ademais de música, o acto contará con outras sorpresas. Como homenaxe a todas esas mulleres visibles -e menos visibles- que adican a súa vida a facer música, o CMUS dedicará unha das súas aulas a artista Guadi Galego, que estará presente na gala para participar na inauguración oficial da mesma”, adiandan dende o Concello de Verín.

 

 

Por outra banda, a deseñadora gráfica local Aurora López presentará a obra plástica “Sinfonía de igualdade”, que servirá para decorar esta nova «aula pola Igualdade» do CMUS. Baixo o prisma do fomento da Igualdade, esta obra reflexa o esforzo colectivo realizado pola veciñanza desta vila para conseguir ter un conservatorio profesional.

Na gala estarán presentes a secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, así como representantes de diversas entidades sociais e musicais da comarca. Así mesmo, cabe destacar que este evento esta aberto ao público xeral ata completar aforo é de maneira gratuíta.

Para entoar colectivamente a “Sinfonía da igualdade”, a organización agasallará aos asistentes unha mascarilla violeta xa que este sábado todos e todas «soamos iguais».

As entradas estarán dispoñibles no Auditorio de Verín en horario de 16:00 a 21:00 horas coa seguinte distribución:

• Martes e mércores: prioridade para os alumnos e familias do Conservatorio de Música de Verín.
• Xoves e venres: resto do público.

Artigos relacionados

Back to top button