CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Guadi Galego presenta no Barco “O mundo está parado”

Recalaba na noite do 2 de xuño no Teatro Lauro Olmo, no que foi a súa primeira actuación desta xira na provincia de Ourense

Cunha sonoridade moi especial, fascinantes melodías e letras que van do persoal ao social, do local ao universal, Guadi Galego presentaba no Barco na noite do 2 de xuño o seu terceiro traballo en solitario “O mundo está parado”. Era asemade o primeiro concerto da súa xira na provincia e nel estaba acompañada pola súa banda: Isaac Palacín (batería e percusión), Guillerme Fernández (guitarra), Paco Charlín (baixo) e Carlos Abal (guitarra).

Ao longo da actuación ía interpretando (voz e piano) pezas como “El entorno”, “O privilexio é soñar”, “Tribu”, “Cedeira” e, por suposto, a que lle dá título ao disco, “O mundo está parado”. Neste último caso facíao acompañada á guitarra por Guillerme Fernández. Ademais intercalaba eses temas con outros de traballos anteriores como “Mergullei” ou “Chea de vida” (ambas de “Lúas de Outubro e Agosto”, 2014), coa que facía un coro co público.

Nas súas intervencións Guadi Galego lembraba a primeira vez que visitaba O Barco, con apenas 13 anos, cunha banda de gaitas. Regresaba no 2006 xunto a Guillerme Fernández co proxecto “Espido”. E era precisamente coa primeira canción “Amar a mares” dese traballo coa que finalizaba, co público en pé, o concerto.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button