ConcellosÚltima hora

Guadi Galego trae a súa música a Viana do Bolo o 5 de maio

Guadi Galego durante un concerto./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Unha sonoridade moi especial, fascinantes melodías e letras. A compositora e cantante galega Guadi Galego actuará o sábado 5 de maio ás 20:30h. na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Será unha actuación singular xa que con este concerto Galego completa a xira do seu terceiro traballo en solitario, “O mundo está parado”, e a partir de aquí dará paso á presentación do seu novo álbume “Bola de cristal”, co que a intérprete pretende pechar un ciclo e dar fin a unha triloxía baseada no mundo.

Ademais está actuación abrirá o programa de actos das Letras Galegas en Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button