OurenseÚltima hora

A Guardia Civil, 173 anos de servizo ininterrumpido

A Comandancia de Ourense acolleu o acto de celebración do 173 anos da Guardia Civil cun acto austero pero solemne, no que entregaron as medallas ao Mérito Da Guardia Civil e Militar

A Guardia Civil estivo hoxe, 18 de maio, de celebración. O Instituto Armado conmemorou o seu 173 aniversario na propia Comandancia de Ourense e ao acto acudiron diferentes personalidades civís e militares da cidade.

A pequena e austera habitación onde se desenvolveu a celebración foi como unha pasarela de uniformes de gala dos diferentes corpos de seguridade. O verde das chaquetas fundíase no brillo dos tricornios, os zapatos ben pulidos e os galóns colgados das solapas. Como manda o protocolo, o evento arrancou coa lectura do Decreto Fundacional da Guardia Civil.

O documento está asinado pola raíña Isabel Segunda, que encargou a organización do mesmo ao Teniente Xeral D. Francisco Girón y Ezpeleta, Duque de Ahumada e marqués das Amarillas e foi a propia Raíña a que decidiu o nome: “Se llamará Cuerpo de Guardias Civiles porque se trata de una guardia para Servicios civiles”, reza o documento. O propio Duque de Ahumada seleccionou para a noa institución “o máis Granado e Gallardo do Exército” da época, e a todos deulles unha consigna “que perdurou ao longo dos tempos”:

“El honor ha de ser la principal divisa del Guardia Civil, debe por consiguiente conservarlo sin mancha, una vez perdido no se recobra jamás”

Tras a lectura da acta fundacional, procedeuse ao acto de entrega de condecoracións. O Brigada Manuel Fernández Viso; o Sarxento Eladio Gijón Rivera; os Cabos Primeiro Bernardino Fernández e Miguel Ángel Torres; e os Guardias Civís Juan Antonio Rodríguez,Andrés Sánchez Rodríguez, José Luis Hernández, José Efrén Varón, Jose Luis Martínez, Enrique Tesouro e Isaac Valente, recibiron a honra ao Mérito da Guardia Civil.

Pola súa banda, o Sarxento Rafael Juste; o Cabo Antonio Graña; e os Guardias Civís Jesús Pérez e Carlos Fernández, foron condecorados coa Cruz de Órde ao Mérito Militar.

Seguidamente, o Teniente Coronel da Comandancia de Ourense, Manuel Javier Novo Colldefors, pronunciou un discurso no que fixo referencia “aos compañeiros que pasaron a reserva e retiro” e realizou un repaso histórico pola presenza da Benemérita na provincia: “sabemos que a finais do 1844 había 2 seccións de infantería e unha de caballería, para pouco máis de 100 homes, a partires de aí houbo lentos pero constantes aumentos de persoal”. Colldefors concluíu dicindo que “os guardias civiles do 2017, somos os herdeiros dunha tradición de éxitos e sacrificios e de servizos á nosa patria (…) estamos obrigados, en primeiro lugar, a conservar o prestixio do corpo e en segundo lugar, (…) a sumar obxectivos cupridos para beneficio dos cidadáns en xeral e dos ourensáns en particular”.

O último en intervir foi o Subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, ataviado cunha gravata verde co emblema da Guardia Civil propia para a ocasión, para facer o seu discurso tirou do escritor Lorenzo Silva, creador da saga protagonizada polo Brigada Rubén Bevilacqua e a Sarxento Virxinia Chamorro, e nas que narra a experiencia diaria dos Guardias Civís “héroes anónimos que practican o seu traballo con naturalidade, alonxados de complexos”, dixo Castro

O Subdelegado fixo unha referencia especial aos axentes que están a pé de rúa: “as miñas medallas e as miñas gratitudes, permítanme que hoxe teñan un especial significancia nos que patrullan no terreo”. Tamén fixo unha referencia ás familias “como resorte de cotío do apoio e ánimo ás súas tarefas profesionais” así como á memoria “de todos os compañeiros que non se atopan entre nós”.

Ao rematar, todos os presentes entonaron o himno da Guardia Civil e continuaron a celebración cun pequeno ágape na propia Comandancia.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button