ConcellosÚltima hora

Detido un veciño de Lobios como presunto autor de seis incendios no Xurés

Publicidade
O home, de 21 anos, traballaba como brigadista e prendía o lume no itinerario ao seu posto de traballo. Mañá pasa a disposición xudicial en Bande
O Incendio en Feiravella (Entrimo), sucedido o pasado 3 de outubro, é un dos incendios que supostamente prendeu o detido.

A Guardia Civil detivo hoxe, 9 de outubro, a un home como suposto autor de seis incendios forestais no Xurés. O rapaz, de 21 anos, é orixinario de Lobios e veciño de Puxedo, nese mesmo concello. En canto aos cargos, se lle acusa de seis delitos de incendio forestal. Esta detención está enmarcada dentro da “Operación Lumex”.

Segundo fontes do instituto armado, a investigación arrancou a raíz dos incendios acaecidos na Baixa Limia durante os meses estivais. Rrealizaron inspeccións técnico-oculares, nas que puideron comprobar que devanditos incendios forestais foran provocados, “encontrándose os focos do inicio estratexicamente distribuídos e coincidindo con ladeiras de forte pendente coa fin de que as lapas se propagaran o máis rápido posible”, aseguraron.

Esta investigación realizouse “xunto ao testemuño dalgúns veciños”, aseguraron dende a Guardia Civil, o que levou aos axentes ás primeiras pistas sobre a autoría do suceso, este rapaz de 21 anos.

Algunhas fontes alleas a investigación aseguraron que o presunto autor destes incendios traballaba como membro da Brigada Municipal do Concello de Lobios e “utilizaba o itinerario dende o seu domicilio até a base da brigada para prender lume”, comentaron dende o instituto armado, que tamén apuntaron que todos os incendios producíanse a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral, polo que cando o Distrito de Extinción de Incendios detectaba o inicio do mesmo, era desprazado a apagar o incendio que el mesmo tiña provocado.

Así, os cargos que se lle imputan son polo incendio acaecido o 30 de xullo en Chaos (Lobeira) que arrasou 3,5 hectáreas de arborado; o do 14 de agosto en Lobios, que arrasou 0,4 hectáreas de monte raso; o que prendeu o 16 de agosto en lobios, que queimou 0,3 hectáreas de arborado. Tamén o do sucedido 22 de agosto en Silvares de Grou, en Lobios, onde as lapas arrasaron 2 hectáreas de arborado; o do pasado 27 de setembro en San Martiño Araúxo ,  con 10.000 metros de arborado queimado e, por último, o do pasado 2 de outubro en Feiravella (Entrimo), que arrasou 2.500 metros de arborado.

Dende a Guardia Civil aseguraron que hai que salientar a importancia destes feitos, “xa que nalgúns incendios as lapas chegaron a pouco máis de cen metros de vivendas próximas” como o sucedido en Silvares de Grou, en Lobios.

Finalmente o xuíz decretou o seu ingreso en prisión hoxe, 10 de outubro.

 

Artigos relacionados

Back to top button